Skip to main content
Samos

Samos pecha a súa última entidade bancaria

Por 27 Maio, 2021Maio 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos queda sen entidades bancarias tralo peche da súa última oficina a semana pasada. A nova caeu de sorpresa despois de que, dende a empresa, se puxera un cartel no que se indicaba que atenderían aos clientes en Sarria. Desta forma, se se necesita facer algunha xestión bancaria só existe esa opción ou a de cambiar de entidade e ir a Triacastela. Os veciños lamentan esta decisión; unha decisión que volve deixar o rural de lado.

Así mesmo, hai que lembrar que aínda non se instalaron os caixeiros autómaticos que estaban previstos no programa de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para facilitar o acceso aos servizos bancarios e financeiros nos concellos do ámbito rural, entre os que se atopan o propio Samos e Ribeira de Piquín. A pesar disto, o que sí é certo é que as persoas de idades avanzadas teñen máis problemas á hora de levar a cabo trámites por medio deste tipo de caixeiros.