Skip to main content
Sarria

A residencia de Sarria condenada a indemnizar a unha traballadora

Por 29 Maio, 2021Maio 30th, 2021Sin comentarios

O Xulgado do Social Nº 2 de Lugo ven de condenar á Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria por vulnerar o dereito de conciliación dunha traballadora, condenando ademais a aboar a cantidade de 2500€ en concepto de indemnización polo danos causados á traballadora.

Según a CIG, no mes de xaneiro a Residencia de Sarria, a través de comunicación asinada polo seu Presidente, o membro do Goberno Municipal, Benjamín Escontrela, comunicou á traballadora a modificación do seu horario laboral, cando a mesma estaba desde o ano 2013 en situación de redución de xornada e desfrutaba dunha concreción horaria pactada coa propia Residencia.

Así mesmo, según a propia sentenza a modificación de horario feita de xeito unilateral pola Residencia carecía de xustificación e ademais o horario que tiña a traballadora estaba suficientemente xustificado. Esta decisión obrigou á traballadora a ter que recurrir a unha excedencia para poder conciliar a súa vida laboral e familiar.

Desde a CIG consideran “lamentable que un organismo público dependente dunha institución, como é o Concello de Sarria recurra a prácticas laborais de vulneración de dereitos fundamentais, actuando de xeito absolutamente arbitrario e a capricho neste caso dun concelleiro”.

Ademais, tamén sinalan desde a propia confederación intersindical que “a residencia de Sarria ven sendo desde hai anos fonte de continuos conflictos, e nesta última lexislatura os mesmos foron a mais, sendo claramente deficiente a xestión da mesma, co agravante de ter sen cubrir o posto de Dirección desde hai mais de ano e medio”.