Skip to main content
Cospeito

Sete colectivos de Muimenta reclaman a Abanca a redución de horario da oficina

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

Sete colectivos culturais, veciñais, de pais e deportivos de Muimenta remitiron un escrito a Abanca mostrando o seu desacordo coa redución de horario para operacións en efectivo que entrará en vigor nos primeiros días de xuño.

Consideran que esta decisión “prexudica aos clientes”, sobre todo aos que se dedican ao sector primario, e aos maiores, que “demandan ser atendidos en persoa”.

Solicitan por tanto que se manteña 0 horario de caixa e o reforzo do persoal para un maior servizo aos clientes os días de feira mensual, primeiro xoves de cada mes

Abanca informou aos seus clientes que, a partir do día 7, o horario para operacións en efectivo sería de 8.15 a 11.00 horas —agás os tres primeiros e os dous últimos días laborables de cada mes—.

“Non podemos esquecer que, sobre todo na provincia de Lugo, mantense unha poboación dispersa e cun elevado avellentamento poboacional, xa que as políticas levadas a cabo polas diferentes Administracións Públicas, dende fai décadas, tende á concentración da poboación nas urbes, producíndose un abandono dos asentamentos rurais”, explican e engaden no seu escrito que “un exemplo real é que, moita xente, acude a súa entidade financieira de referencia, despois de acudir a súa consulta médica, para deste xeito aproveitar a viaxe, na maioría dos casos, despois das once da maña”