Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Carballido e Lage do Club Atletismo de Friol estiveron no Nacional de Clubs

Por 5 Maio, 2021Sin comentarios

As atletas do Club Atletismo Friol, María Carballido e Nerea Lage estiveron presentes na I Xornada da Liga Nacional de Clubs de primeira división que se celebrou o sábado 23 de abril, representando ao Club Atletismo Femenino Celta, do cal son club filial.

O evento se disputou no mítico estadio de Vallehermoso, Madrid, o máis importante de todos os que configuran o elenco de recintos atléticos no país e polo cal teñen pasado as figuras máis importantes da historia do atletismo.

A actuación das deportistas friolenses non puido ser máis exitosa, xa que na proba dos 800 metros lisos, María lograba unha gran segunda posición cun rexistro de 2.12.85 minutos, mellor marca persoal en máis de dous segundos e ca colocan no top 15 do ránking absoluto. María completaba a súa actuación cun meritorio séptimo posto na distancia dos 3.000 metros lisos.

Pola súa banda, Nerea Lage ocupaba o sexto posto na proba dos 1.500 metros lisos cun rexistro de 4.55 minutos e despois participaba no relevo 4×400 metros, onde o Atletismo Femenino Celta remataba no cuarto posto.