Skip to main content
As Pontes

Os traballadores das auxiliares de Endesa volven manifestarse

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

Os traballadores das empresas auxiliares que operan na central térmica das Pontes recuperaron o seu ritmo de protestas tal e como viñan anunciando e onte cortaron a AG- 64, unha medida que coincidiu no tempo con outra mobilización encabezada polos empregados de Navantia.

O obxectivo destas protestas é visibilizar os dous grandes conflitos industriais que afectan á comarca de Ferrolterra e, no caso particular das Pontes, reivindicar unha certeza sobre o seu futuro laboral que piden que se discuta na Mesa de Transición, que ten previsto celebrarse o próximo 2 de xuño.

As auxiliares tiñan acordado coa empresa manter os seus postos de traballo ata o 30 de xuño, prazo no que se esperaba que dese comezo o desmantelamento da instalación e a recolocación do persoal, pero cun novo cambio, agora o proceso vai ser máis lento, polo que requiren unha aclaración sobre a nova situación que deberán enfrontar.

Os manifestantes pediron responsabilidade non só a Endesa, senón tamén ás distintas administracións.