Deportes TERRACHÁXAVilalba

Os júnior da loita vilalbesa volven á competición

Os rapaces das especialidades de loita olímpica de Vilalba retomaron a competición esta fin de semana nos campionatos de España Júnior que veñen de celebrarse en Madrid.

A sesión saldouse con dous quintos postos para Samuel García, en menos de 65 kg, e Bekbol Onggarov, en menos de 79kg.

Este é o primeiro nacional trala crise sanitaria e os loitadores vilalbeses acudiron à cita con apenas 4 semanas de adestramento polo que pode considerarse un bo inicio tempada.

Agora toca preparar a categoría sénior que terá lugar a finais de maio e no que esperan seguir aumentando a representación da comarca.