Skip to main content
Uncategorized @gl

Os contaxios e os casos activos de covid volven reducirse

Por 2 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Tras uns días coa covid en crecemento, este domingo resta casos activos e descenden os novos contaxios. Así, este domingo os casos quenda en 228, 11 menos que onte, cando na xornada anterior creceron en 3. As altas e o control dos gromos axuda a mellorar esta cifra xenérica, que volve achegarse aos 200 casos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 9 casos novos (onte foron 18). Ademais, as altas chegaron ás 11.034, 22 en 24 horas, o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.480 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, esta volve mellorar. Na UCI seguen 4 enfermos, e en planta baixan os casos a 13 (2 menos). 6 están no Hula (1 máis), 3 no hospital da Mariña e 4 Monforte (3 menos).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará deste xeito dende o luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

O concello en peor situación segue a ser A Pastoriza, cunha incidencia elevada. O resto melloran as cifras e aumentan os concellos limpos de covid.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Mondoñedo e Lourenzá.
  • Trabada segue en alerta media ata o luns, por debaixo de dez casos e mellorando a incidencia.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo e Xove.
  • Sen casos novos na última semana está Barreiros, ata o luns en alerta media.

Terra Chá

  • Meira, que baixará a alerta media, continúa reducindo a incidencia.
  • Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol, Cospeito e Castro de Rei teñen casos pero con incidencia leve.
  • A Pastoriza entrará o luns en alerta alta ao subir a incidencia, xa está por debaixo dos dez casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Guitiriz, Rábade e Xermade.
  • As Pontes segue sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben de novo ata os 99 (4 máis).
  • Becerreá volve ter casos, pero con incidencia baixa.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla e A Fonsagrada. Únese Ribeira de Piquín.
  • Palas e Cervantes xa levan unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen poucos casos con incidencia baixa.
  • Mellora a incidencia en O Páramo e Paradela.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
  • Chantada reduce a 20 casos (1 menos) e seguirá en alerta media.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober e A Pobra de Brollón. Únese Quiroga.
  • Sen casos nos últimos sete días está Pantón.