Skip to main content
Uncategorized @gl

Entran en vigor as novas restricións cos contaxios e os casos á baixa

Por 3 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Este luns volve rexistrarse un descenso de casos activos debido á baixa de contaxios novos. Así, los casos quedan en 214, 14 menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 11.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 3 casos novos (onte foron 9). Ademais, as altas chegaron ás 11.050, 16 en 24 horas, o día anterior foron 22.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.482 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, esta volve mellorar. Na UCI seguen 4 enfermos, e en planta baixan os casos a 12 (1 menos). 7 están no Hula (1 máis), 2 no hospital da Mariña (1 menos) e 3 Monforte (1 menos).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continúa deste xeito dende hoxe:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A fin de semana remata con datos de contención do virus en todas as comarcas e nos concellos donde hai casos con incidencia baixa.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Lourenzá e Trabada
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo e Xove.
  • Sen casos novos na última semana están Barreiros e únese Mondoñedo.

Terra Chá

  • Meira, que baixará a alerta media, continúa reducindo a incidencia.
  • Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol, Cospeito e Castro de Rei teñen casos pero con incidencia leve.
  • A Pastoriza entra hoxe en alerta alta ao subir a incidencia, xa está por debaixo dos dez casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Guitiriz, Rábade e Xermade.
  • As Pontes segue sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo baixan de novo a 94 (5 menos).
  • Becerreá volve ter casos, pero con incidencia baixa.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla, A Fonsagrada e Ribeira de Piquín.
  • Palas e Cervantes xa levan unha semana sen casos.

Comarca de Sarria

  • Láncara, Sarria e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Paradela leva xa unha semana sen novos contaxios.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
  • Chantada sobe a 21 casos (1 máis) e seguirá en alerta media.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga. Únese Pantón.