Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumentan de novo os contaxios e os casos activos de covid

Por 4 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Este martes volve rexistrarse un aumento de casos tras o importante descenso da fin de semana. Esto é debido a un crecemento de contaxios novos e unha redución do número de altas. Así, los casos quedan en 224, 10 máis que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 14.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 3). Ademais, as altas chegaron ás 11.054, 4 en 24 horas, o día anterior foron 14.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.498 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Respecto á presión hospitalaria, esta volve mellorar. Na UCI baixan os ingresos a 3 (un menos) e en planta se reducen a os casos a 10 (2 menos). 7 están no Hula, 2 no hospital da Mariña e 1 Monforte (2 menos).

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continúa deste xeito dende onte:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A situación segue a mellorar nas comarcas agás na cidade de Lugo. Os concellos en alerta melloran datos.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Lourenzá e Trabada
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo e Xove. Únese Barreiros.
  • Sen casos novos na última semana está Mondoñedo.

Terra Chá

  • A Pastoriza, en alerta alta ao subir a incidencia, xa está por debaixo dos dez casos.
  • Meira, que baixará a alerta media, continúa reducindo a incidencia.
  • Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol, Cospeito e Castro de Rei teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Guitiriz, Rábade e Xermade.
  • As Pontes segue sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben de novo a 99 (5 máis).
  • Becerreá e Cervantes teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla, A Fonsagrada e Ribeira de Piquín. Únese Palas.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Paradela leva xa unha semana sen novos contaxios. Únese O Páramo.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
  • Chantada reduce a 20 casos (1 menos) e seguirá en alerta media.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón, Quiroga e Pantón.