Skip to main content
Uncategorized @gl

Redúcese a presión hospitalaria en toda a provincia

Por 6 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

A covid recupera a redución de casos activos e de control do virus e este xoves conta con sete casos menos de un total de 226 que están rexistrados. Onte, houbo 9 casos máis.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 8 contaxios novos (onte foron 11). Ademais, as altas chegaron ás 11.075, 15 en 24 horas, o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.519 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.

Importante mellora na presión hospitalaria, coa redución a 2 casos na UCI de Lugo (un menos) e a 5 en planta (2 menos). 4 están no Hula (2 menos) e 1 Monforte. Burela segue sen ingresados.

O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará nas mesmas condicións ata o próximo luns:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A Mariña continúa sumando concellos limpos de covid mentres na Terra Chá a situación estabilízase, ao igual que no resto da provincia.

A Mariña

  • Incidencia leve en Viveiro, Ribadeo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove e Barreiros.
  • Sen casos novos na última semana está Mondoñedo, Cervo, Trabada e Alfoz. Únese Burela, Foz e Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza, en alerta alta, mellora a súa incidencia.
  • Meira, que segue en alerta media, continúa reducindo a incidencia.
  • Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol, Castro de Rei, Guitiriz e Xermade teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte e Rábade. Únese a veciña As Pontes.
  • Cospeito está sen casos na última semana.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo chegan a 100 (1 máis).
  • Becerreá, Cervantes e A Fonsagrada teñen casos pero con baixa incidencia. Súmase Palas.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Paradela e O Páramo levan xa unha semana sen novos contaxios.
  • Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve. Pantón volve ter tamén.
  • En Chantada empezan a baixar os casos. Xa son 23 (3 menos) e seguirá en alerta media.
  • Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.