Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos seguen subindo e superan de novo amplamente os 200

Por 23 Maio, 2021Maio 24th, 2021Sin comentarios

Novo aumento de casos activos esta xornada. Este domingo rexístranse un total de 220, 14 máis que onte, a mesma subida que na xornada anterior, e tamén cun aumento na presión hospitalaria.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 30 casos novos (onte foron 18), a maior subida nunha xornada nas últimas semanas. As altas chegaron ás 11.311, 12 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 11.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.750 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais, na UCI queda cun paciente pero volven subir os ingresos en planta, que agora son 8 (1 máis), 4 están no Hula (1 máis), 2 en Burela e 2 en Monforte.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, mantense do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Chantada, Viveiro e Cervo.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Os casos activos segue subindo cun aumento de novo de positivos causados polos gromos detectados na Mariña, Monforte e Vilalba. A estabilidade continúa no resto.

A Mariña

  • Viveiro chega aos 19 casos, 1 máis que onte.
  • Cervo segue por debaixo de dez pero en alerta media. Xove tamén eleva a incidencia.
  • Incidencia leve en Burela, Foz, Ribadeo e Lourenzá.
  • Mondoñedo leva unha semana sen casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros, Trabada e Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba mantén 22 casos (os mesmos que onte).
  • Pol e Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
  • Xermade e As Pontes están sen casos en 7 días.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Cospeito. Únese A Pastoriza.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo volven subir. Son 72 (6 máis).
  • Leva unha semana sen Monterroso.
  • Navia de Suarna certifica algúns casos cun índice elevado e tras meses sen covid.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con baixa incidencia.
  • O Incio tamén ten casos pero con incidencia alta.
  • Láncara leva unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada segue con 11 casos e mantén a alerta media.
  • Monforte segue subindo, ata 16 casos (3 máis).
  • Pantón ten casos pero con incidencia leve.
  • Folgoso, Taboada e Carballedo levan unha semana sen positivos. Únese Sober.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.