Skip to main content
Uncategorized @gl

Dispáranse os casos en Viveiro e soben en Monforte

Por 24 Maio, 2021Sin comentarios

Volve ralentizarse a subida de casos activos na provincia de Lugo. Así comeza a semana con 227 casos, 7 máis que onte, cando a xornada anterior a subida foi de 14. Continúa aumentando tamén a presión hospitalaria.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 30, a maior cifra das últimas semanas). As altas chegaron ás 11.322, 11 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.768 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais, na UCI queda cun paciente pero volven subir os ingresos en planta, que agora son 10 (2 máis), 4 están no Hula, 3 en Burela (1 máis) e 3 en Monforte (1 máis).

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, mantense do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Chantada, Viveiro e Cervo.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A subida de casos en Viveiro desvirtúa a situación no resto da provincia que é de contención e de descenso.

A Mariña

  • Dispáranse os casos en Viveiro, que chega aos 32 casos, 13 máis que onte.
  • Elevada incidencia para Xove e Cervo polos casos vinculados co gromo de Viveiro.
  • Incidencia leve en Burela, Foz, Ribadeo e Lourenzá.
  • Mondoñedo leva unha semana sen casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros, Trabada e Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba mantén 22 casos por terceiro día consecutivo.
  • Pol e Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
  • Xermade e As Pontes están sen casos en 7 días.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira, Cospeito e A Pastoriza.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo retroceden de novo ata 69 (3 menos).
  • Leva unha semana sen Monterroso.
  • Navia de Suarna continúa cunha incidencia alta de casos, pero por debaixo de 10.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con baixa incidencia.
  • O Incio tamén ten casos pero con incidencia alta.
  • Láncara leva unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada xa está por debaixo dos dez casos e mantén a alerta media.
  • Monforte segue subindo, ata 20 casos (4 máis).
  • Pantón ten casos pero con incidencia leve.
  • Carballedo e Sober levan unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga. Únense Taboada e Folgoso.