Skip to main content
Uncategorized @gl

Volven aumentar os concellos con casos de covid

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

Os casos activos na provincia volven subir. Así, este xoves hai 233 casos activos de covid, 11 maís que onte, cando a xornada anterior a subida foi de 3.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 21 casos novos (onte foron 13). As altas chegaron ás 11.374, 10 en 24 horas, mentres que o día anterior foron tamén 10.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.827 casos rexistrados e 215 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense estable desde onte trala subida dos últimos días. Hai dúas persoas na UCI, pero se manteñen os ingresos en planta, que son 11, 4 están no Hula (1 máis), 3 en Burela e 4 en Monforte (1 menos).

Os cambios de restricións por concellos quedarán a partir do sábado do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Detectan casos en varios concellos da provincia, pero todos con baixa incidencia e sen gromos, que seguen activos en Monforte, Vilalba e na zona de incluencia de Viveiro.

A Mariña

  • Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 41, 5 máis que onte.
  • Elevada incidencia para Xove polos casos vinculados co gromo de Viveiro, pero con menos de dez.
  • Cervo, que está en alerta media, volve ter casos pero con baixa incidencia.
  • Incidencia leve en Burela, Foz, Ribadeo e Lourenzá.
  • Mondoñedo e Alfoz volven ter casos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba segue con 24 casos.
  • Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve. Únense Begonte, Cospeito e As Pontes.
  • Pol non tivo casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo sobe a 66 (2 máis).
  • Navia de Suarna continúa cunha incidencia alta de casos, pero por debaixo de 10.
  • Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde, que levaban varias semanas sen covid.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo. Únese Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O Incio ten casos por debaixo de dez e rebaixa a incidencia.
  • Láncara e Sarria levan unha semana sen casos.
  • Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 22 (1 caso menos).
  • Pantón, A Pobra de Brollón e Chantada teñen positivos pero con incidencia leve. Únese Taboada.
  • Sober leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Quiroga e Folgoso. Únese Carballedo.