Skip to main content
Alfoz

Vanse rehabilitar vivendas en Alfoz para alugueiro social

Por 20 Xuño, 2021Sin comentarios

Vanse rehabilitar vivendas de titularidade municipal no municipio de Alfoz co fin de destinalas a alugueiro social. Esto servirá para que o Concello que ten demanda de vivenda de promoción pública poida crear un parque residencial para ofrecelo en réxime de arrendamento. 

Así, Alfoz contará cunha axuda de 33.000 euros para facer un espazo de uso residencial no primeiro piso dun edificio antigamente ocupado pola escola do núcleo da Pinguela. Para iso, prevese actuar na envolvente, distribución interior, albanelería, instalacións e acabados, entre outras melloras.

Características do programa 

O programa de rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras vivendas de titularidade municipal está dirixido a facilitar aos concellos a creación dun parque público de vivenda municipal en réxime de alugueiro, ao tempo que fomenta a rehabilitación de inmobles xa existentes.

Poden acceder a estas axudas os concellos de menos de 20.000 habitantes que teñan veciños inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia (polo menos tantos como vivendas se pretende rehabilitar). 

Unha vez rehabilitadas, as vivendas destinaranse, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con escasos recursos económicos (menos de 2,5 veces o Iprem) durante un prazo non inferior a 20 anos.

A axuda da Xunta ascende ao 90 por cento do custe da actuación, cun límite de 40.000 euros por vivenda, que se pode incrementar ata os 48.000 euros se están emprazadas en ámbitos históricos ou dos Camiños de Santiago.