Skip to main content
Cervo

Dúas cervenses crearon un meticuloso herbario dixital

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

Dúas cervenses fixeron un meticuloso traballo para elaborar un herbario dixital do Concello e así descubrir a riqueza e a diversidade vexetal do municipio.

Uxía Treitas e Elisa Rodríguez, graduada en Belas Artes e en Bioloxía respectivamente, participaron no programa de bolsas de formación remuneradas do Concello para elaboralo.

Neste herbario, describen e identifican preto de 200 especies diferentes, froito dun intenso labor de campo que realizaron nos últimos meses durante a súa bolsa de formación e que irán completando para desfrute de todos.

Elas representan a esencia do programa de bolsas de formación remuneradas que ten en marcha o Concello de Cervo desde o ano 2013, unha importante aposta financiada integramente con fondos propios, que ten como obxectivo prioritario ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral, reforzando a súa aprendizaxe para enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo.

Pódese consultar o herbario neste ligazón.