Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro á espera para impulsar o PXOM

Por 9 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro atópase á espera da reunión solicitada para poder falar co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

“Viveiro necesita o PXOM, é unha ferramenta imprescindible e primordial para o desenvolvemento do concello en diferentes eidos, como o urbanístico e o industrial; é unha opinión consensuada entre todos os grupos da corporación e espero avances a curto prazo”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

A AXI é a única administración da que o concello ten pendente o establecemento dunhas directrices para poder continuar coa tramitación do PXOM, tendo en conta que hai certa incertidume e falta dun criterio claro para poder seguir avanzando

Dende o Concello de Viveiro faise partícipes a todos os grupos municipais neste asunto e destaca o consenso por parte de todos os voceiros sobre a necesidade de celebrar esta reunión coa AXI.

Esta xuntanza, que foi solicitada hai case dous meses e sobre a que insistiuse en diversas ocasións, é fundamental. O PXOM é determinante para o desenvolvemento do Concello de Viveiro, polo que non cesará no traballo e esforzos necesarios para poder aprobalo, tendo en conta que se trata dunha normativa fundamental tanto para o desenvolvemento industrial como para que o municipio poida seguir crecendo en todos os ámbitos.

A alcaldesa de Viveiro confía en que esta reunión sexa convocada canto antes e que, nesa  xuntanza, á que asistiría o equipo de goberno, os voceiros municipais e o equipo redactor do PXOM, se poidan resolver as cuestións que permitan seguir traballando para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un planeamento esencial para que Viveiro poida seguir medrando.