Skip to main content
Axenda Caducada

Ribadeo acolle a presentación de Historias de vida

Por 1 Xuño, 2021Xuño 3rd, 2021Sin comentarios

O vindeiro xoves 3 Ribadeo acolle a presentación do libro Historias de vida ás 18.00h na Sala de Exposicións do Parque.

Este libro relata as historias de vida de seis mulleres que forman parte de EspadELA e son historias de mulleres correntes que sosteñen a vida cos seus coidados, que confían no común, no colectivo e na participación para combater o contexto actual do territorio dominado polo abandono, a soidade e o illamento e que habitan un rural diverso.

EspadELA é unha escola de empoderamento para mulleres do medio rural. Este proxecto foi impulsado por Arabías e xirou arredor de obradoiros encamiñados a tomar conciencia da estrutura patriarcal da nosa sociedade, da importancia da organización e da participación na comunidade a través do asociacionismo e das ferramentas dixitais ao noso alcance.