Skip to main content
Axenda Caducada

Unha cadea humana para defender os valores paisaxísticos do Malecón

Por 1 Xuño, 2021Xuño 27th, 2021Sin comentarios

A plataforma cidadá Salvemos o Malecón organizará unha cadea humana rodeando o Malecón para pór de manifesto a defensa da pasarela de madeira actual e os valores paisaxísticos ambientais e urbanos do Malecón, a necesidade de pecha a Ponte Vella ao tráfico rodado e ao mesmo tempo a oposición da veciñanza á contrución dunha nova ponte entre o Malecón e o barrio de Ramberde.

O pasado xoves 27 de maio, esta plataforma cidadá presentou na Subdelegación de Goberno de Lugo un escrito a modo de solicitude comunicando a convocatoria da concentración que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño dende ás 12:30 horas e as 14:30 horas nas rúas do Malecón e o Paseo de Ramberde de Monforte, informando ademais do proxecto da mesma, e das medidas de seguridade anticovid que se terán en consideración.

Esta plataforma ten previsto ademais celebrar nesa mesma fin de semana do 25 ao 27 de xuño unha serie de actos sobre este tema.

Dende Salvemos o Malecón convidan a todos os veciños e veciñas de Monforte e da súa contorna a consultar nas próximas semanas as súas redes sociais onde se irá informando das novidades acerca destes actos de concienciación ambiental, e a acudir á concentración que se celebrará o día 27 de xuño.