Skip to main content
Antas de Ulla

AVA quere pór a disposición da veciñanza a casa da Irmandade

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

Dende a Asociación de veciños de Antas de Ulla denuncian o estado no que se encontra a casa da Irmandade e considérana necesaria para servizos sociais que pode dar á vila. “Queremos que estea a disposición da veciñanza de Antas de Ulla. Debemos buscar apoio noutras institucións e rehabilitala. As opcións de uso son variadas: activismo cultural, espacio para emprendedores…”, sinalou a concelleira de AVA, María Gontá.

A coñecida como Casa da Irmandade, sita na praza da Irmandade, presenta actualmente unha situación non apta para ser usada para servizos cidadás pero, segundo indican dende a asociación, consideran que “cunha intervención que entendemos que é perfectamente viable e pertinente para un organismo municipal, pode converterse nun espazo útil para o noso concello”.

Por esta razón, a organización veciñal pretende levar ao vindeiro pleno do Concello de Antas de Ulla algunhas preguntas coma se a casa da Irmandade é de titularidade municipal, cal é a superficie que é de titularidade municipal, o estado no que se encontra a infraestrutura e se o concello ten algún proxecto para este edificio municipal que conleve o seu arranxo.

Con esto, dende a asociación queren que se tomen medidas para conseguir unha utilidade para a mesma e conseguir a súa rehabilitación.