Skip to main content
Castroverde

O PP de Castroverde pide unha solución para o persoal do SAF

Por 26 Xuño, 2021Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Castroverde, Rubén Otero, asegura que as explicacións do alcalde sobre o futuro laboral das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF), unha vez remate o contrato da actual empresa adxudicataria o 31 de xullo, “non son cribles nin entendibles”. Así o manifesta tras asistir a unha reunión na praza da vila convocada polo Concello respondendo a unha invitación das propias traballadoras.

O popular agarda que “se solucione este tema o mellor e o máis axiña posible coa próxima adxudicación do servizo a unha empresa que garanta a correcta prestación do servizo aos usuarios e os empregos das traballadoras que, actualmente, sofren irregularidades nos seus pagos”. 

Así mesmo, empraza ao goberno local “a facer un correcto seguimento tanto do procedemento de adxudicación do servizo coma da súa prestación co obxectivo de que os usuarios estean ben atendidos e as traballadoras teñan garantidos os seus dereitos laborais”, manifestou.

O PP de Castroverde continuará “interesándose pola prestación deste tipo de asistencia tan útil para as persoas maiores ou aquelas con mobilidade reducida e apoiando as reivindicacións das traballadoras que ven o seu futuro laboral con incerteza”.

O popular recorda, así mesmo, que “é responsabilidade do rexedor estar ao corrente de como se desenvolve o servizo e tamén de informar aos grupos políticos da corporación”.