Skip to main content
Navia de Suarna

Navia de Suarna acolle a VI Reunión de Primavera da SGPF

Por 17 Xuño, 2021Xuño 18th, 2021Sin comentarios

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes volta a súa actividade para compartir e divulgar coñecementos sobre pastos e gando, tras un ano complicado no que cesaron o seu traballo.

A primeira actividade pública deste ano será a VI Reunión de Primavera que terá lugar na aldea de Vilela, no Concello de Navia de Suarna os vindeiros 25 e 27 de xuño. Nesta ocasión falarase sobre O cabrún como alternativa de aproveitamento do monte nos Ancares.

Desta volta a Reunión de Primavera vai compartir espazos e datas coas Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural. Deste xeito, xuntanse esforzos coa Asociación SER e a Deputación de Lugo, realizaranse tres días intensos para falar de novas incorporacións ao rural, de experiencias de desenvolvemento rural e de Silvopastoreo e aproveitamento do monte con cabras.

Programa

As xornadas comezarán o vindeiro 25 de xuño coa benvida aos asistentes ás 10 horas. A continuación, realizarase o acto inaugural coa presentación das xornadas de desenvolvemento rural O que non Arde coa participación de Mónica Rancaño, Oliver Laxe e Joan Alibés. Ás 11.00 horas realizarase unha mesa redonda onde se debatirá sobre os Plans de incorporación de activos onde intervirán Pablo Iglesias, Xosé Luís Reza, Juana de Vega e Manuel Redondo

O remate do evento de pola mañá será ás 13 horas coa participación de Neus Monllor que explicará Os procesos de incorporación progresiva ao campo.

Xa chegada a tarde, ás 16 horas, farase un relatorio titulado Buscando a excelencia no rural con Fernando García e Alberto Uría. Ás 17.30 horas realizarase unha mesa redonda sobre os Novos poboadores da montaña e iniciativas empresariais na montaña e, para finalizar, a Asociación Ser fará unha presentación da programación e proxectos de Casa Quindós.

O sábado 26 de xuño empezarase ás 11 horas cun relatorio sobre o Desenvolvemento de aldeas cosmopolitanas en Asturias presentada por Eloi Villada. Ás 12.30 realizarase unha mesa redonda sobre as Iniciativas de desenvolvemento rural en outros concellos na que intervirán Juan Anta, Xosé Romero e Bearmino Fernández.

A tarde comezará cun relatorio titulado Grupo de desenvolvemento rural GDR3: Montes e vales orientais. Ás 17 horas realizarase outro sobre A Carqueixa – O sabor dos Ancares, presentado por Oliver Laxe; ás 18 horas haberá unha demostración de maquinaria agrícola de montaña, de Segadoras Brielmainier e, finalmente, ás 19 horas levarase a cabo unha visita ao Castro do Teso da ermida para o posterior concerto de Davide Salvado e Fransy González.

O domingo 27 de xuño realizarase a VI Reunión de primavera da sociedade galega de pastos e forraxes na que se tratará o tema do Cabrún como alternativa de aproveitamento do monte nos Ancares. Ás 10.30 horas realizarase un relatorio sobre a Queima prescrita e mellora dos pastos nos Ancares que estará presentado por Joan Alibés. A continuación, tratarase o tema da Evolución do mato co manexo de pastos con cabras nos Ancares e, para rematar antes da pausa de pola mañá, realizarase un relatorio sobre a Experiencia produtiva, comercializadora e convivencia coa fauna salvaxe da Granxa de Teixeiro e Pistón S.C. que presentará Miguel Cordero.

Trala pausa, ás 12.30 horas, realizarase unha mesa de traballo na que se falará sobre a Exposición de proxectos de cabrún e das súas necesidades e que terá a participación de Jesús Méndez, Pedro Álvarez, Lucía García e Miguel Cordero.

Chegada a tarde será o momento das visitas, que comezará en Vilela ás 16 horas e continuará na visita ás transformacións de pastos de Cerredo e Quindous e, finalmente, na visita á Granxa Teixeiro e Pistón S.C.

A inscrición previa é obrigatoria e será por rigoroso orde de chegada xa que o aforo é limitado.

Memory: 148.7969MB (7.27% of 2048MB)