Skip to main content
Deportes LUGOXARibeira de Piquín

O Ribeira FS e CD Lucense únense na sección de fútbol campo

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

O Club Ribeira FS xa comezou coa planificación da tempada do ano que vén a pouco tempo de rematar a presente. Desta forma, dende o Ribeira anunciaron a fusión da sección de fútbol campo co Club Deportivo Lucense, formando unha estrutura propia dentro do club. Unha novidade que ten como fin potenciar a sección e dar aos nenos e nenas participantes unha formación deportiva e persoal adecuada.

Dende o club informan tamén dos descontos para compatibilizar as seccións de fútbol campo e de fútbol sala para que os xogadores e xogadoras poidan disfrutar de dous deportes tan distintos.

Para todos aqueles que estean interesados en formar parte da sección de fútbol campo, na que se contará coas categorías de chupete, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, poderán solicitar máis información ao coordinador deportivo chamando ao 687 907 436.