Skip to main content
Chantada

O Folión de carros de Chantada xa ten cartel

Por 28 Xuño, 2021Xullo 1st, 2021Sin comentarios

O pasado venres foi presentado o cartel do Folión de carros de Chantada 2021.

A autora gañadora do concurso de carteis do Folión de Carros de Chantada 2021 foi a veciña carroceira Belén Vázquez Caseiro. O cartel foi pintado con pincel e pintura acrílica e representa a tradición do Folión de Carros cos bois, os oficios realizados nas casas e o carro tradicional. Tamén dispón dunha folla de vide porque en Chantada a colleita da uva e o viño tamén son relevantes e a autora quixo deixar consancia delo no cartel.

O concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez valorou o traballo da asociación cultural Amigos do Folión durante todo o ano e lembrou que aínda que este ano non haberá desfile debido á pandemia, si que se realizarán moitas actividades arredor do Folión de Carros de Chantada que en vindeiros días nos irá contando este colectivo.