Skip to main content
Monforte

Chegan a Monforte xornadas sobre rexeneración urbana

Por 19 Xuño, 2021Sin comentarios

Os vindeiros días 25 e 26 de xuño celebraranse as xornadas Pensar Monforte, sobre mobilidade e rexeneración urbana, en colaboración coa Universidade da Coruña, que expedirá un diploma acreditativo aos asistentes. 

O evento, promovido pola plataforma cidadá Salvemos o Malecón, entronca coa nova liña do Ateneo Casino como espazo plural e integrador que busca tecer redes con diferentes entidades e asociacións de Monforte e Terra de Lemos. 

As xornadas están dirixidas por Manuel Docampo, profesor de Socioloxía Urbana e Ordenamento do Territorio na Universidade de A Coruña. Contarán coa presencia de expertos en mobilidade e urbanismo como Encarnación Rivas Díaz, Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, quen fará a presentación das mesmas e acompañará aos asistentes a un roteiro urbanístico na xornada inaugural xunto con outros dous poñentes. 

As xornadas están divididas en tres grandes bloques, titulados A mobilidade  que vén, Rexenerando a cidade e Propostas, nas que haberá charlas  impartidas por expertos en arquitectura, xeografía, socioloxía e historia, así como mesas redondas e debates nos que participarán concelleiros de Urbanismo doutros Concellos galegos. 

Na sesión de tarde do día 26 a coñecida periodista Manola Porto presentará e moderará unha mesa redonda á que foron convidados a participar todos os  partidos políticos con representación no pleno municipal. 

A inscrición a estas xornadas será gratuíta, e os asistentes recibirán un diploma acreditativo de 20 horas de formación expedido pola Universidade da Coruña.

Debido ás limitacións de aforo derivadas da covid19, será preciso inscribirse previamente, podendo facelo no teléfono 648435033 ou cubrindo o formulario que atoparán no enlace bit.ly/2TAG504

As xornadas serán en horario de 10.00 horas da mañá a 20.30 horas da tarde. É posible inscribirse na totalidade das xornadas ou de forma parcial en sesións concretas.