Skip to main content
Pantón

Voltan os concertos a Pantón con La Penúltima Sabinera

Por 24 Xuño, 2021Sin comentarios

O vindeiro 26 de xuño, Ferreira de Pantón acolle na praza do concello ao grupo La Penúltima Sabinera, un tributo a Joaquín Sabina. Esta banda busca levar a Joaquín Sabina por todos os recullos posibles e, despois do concerto en Pantón, viaxarán a Salamanca.

O concerto comezará as 23 horas e dende o concello recordan que se adoptarán todas as medidas sanitarias correspondentes.

A reserva deberá ser anticipada chamando ao teléfono 982 246 377. Os asistentes deberán permanecer sentados e coa mascarilla en todo o concerto. Así mesmo, non se permite fumar, comer nin beber durante o espectáculo. Para finalizar, dende a organización recordan que se deberá facilitar o nome, o DNI e o teléfono a causa da normativa anticovid da Xunta de Galicia.