Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAPantón

Os vindeiros 11 e 12 de maio celebrarase a XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra

Por 13 Abril, 2024Abril 14th, 2024Sin comentarios

A XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra, Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase os vindeiros 11 e 12 de maio en Pantón.

O alcalde, José Luis Álvarez, destaca a importancia desta cita cada ano para promocionar o municipio e os seus viños, os únicos con uvas das 3 ribeiras, Miño, Sil e Cabe, como recolle o cartel.

Na edición pasada, participaron nove adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura, Corzoás e Alma das Donas. Este ano aínda non se saben as adegas participantes, pero se espera que algunha repita.

A convocatoria ten dous atractivos destacados: a paisaxe do lugar escollido e a presentación dunha das citas máis importantes no calendario do Concello de Pantón.

Esta cita acollerá diferentes actividades relacionadas co viño, como degustacións e catas de viño, charangas e actuacións musicais para todas as persoas que se acheguen a desfrutar desta iniciativa.