Skip to main content
Quiroga

Avanzan as obras da nova sede de atención temperá de Quiroga

Por 14 Xuño, 2021Sin comentarios

Continúase cos traballos no edificio multiusos da Ribeira para acoller a Unidade de Atención Temperá. Esta unidade, unha vez rematen as obras, ocupará a segunda planta do edificio que xa acolle o Centro de Día.

Ata estas obras que está a realizar o Obradoiro de Emprego SilLor VII achegábase o rexedor local, Julio Álvarez, e a concelleira de servizos sociais, Loli Sánchez.

A Unidade de Atención Temperá nestes momentos da servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, e a outros tres concellos que acaban de adherirse: Bóveda, O Saviñao e Sober.

Posto en marcha no pasado mes de setembro polo Concello de Quiroga serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. A unidade conta cun equipo formado por tres profesionais: un psicólogo, un logopeda, e un fisioterapeuta; especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A Unidade de Atención Temperá, que contou con achegas económicas da Xunta de Galicia, da servizo nestes momentos a máis dunha vintena de cativos, axudándoos a un desenvolvemento evolutivo adecuado. Coa ampliación a tres concellos máis este servizo, ao que poden acudir os nenos sen que teñan problema definidos, se non que pode axudar a un desenvolvemento evolutivo adecuado, verá incrementado o seu número de usuarios.