Skip to main content
O Páramo

O Páramo continúa coa entrega de alimentos

Por 2 Xuño, 2021Sin comentarios

O Concello do Páramo continúa coa entrega de alimentos aos veciños e veciñas que o precisan todos os primeiros martes de cada mes. Dende o concello traballan co banco de alimentos, a onde van a buscar a comida para, posteriormente, preparala e poñela a disposición das familias que o necesitan. As familias son as que se achegan ata ao Concello para recibir esa axuda e, no caso de que non poidan, distribuiráselles o servizo.

Actualmente, este servicio proporciónase a 15 familias que dende o Concello consideraron que o precisaban. Así pois, o alcalde, José Luís López, invita a que calquera familia que precise desta axuda contacte co Concello do Páramo no teléfono 982 53 91 56.