Skip to main content
As PontesAxenda TERRACHÁXA

A casa do mel de Goente acolle un novo curso de apicultura

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

A casa do mel de Goente acollerá esta fin de semana un curso de iniciación á apicultura teórico-práctico no que participarán un máximo de 12 persoas por grupo.

Os cursos serán o 5 e o 12 en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas; e o 6 e o 13 de 9.00 a 14.00 horas.

Os contidos do curso centraranse no apicultor, instalación do apiario, colema, bioloxía do enxame, multiplicación, saúde das abellas e produtos da colmea.

Os interesados en asistir poden poñerse en contacto coa organización no 661 003 616, ademais do correo casadomel@vodafone.es.