Skip to main content
As Pontes

Cohempo inicia o luns a campaña polo Día da Nai

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

A asociación de comerciantes pontesa Cohempo inicia o lun un novo concurso con motivo do Día da Nai, que seguirá o patrón do concurso realizado en marzo polo Día do Pai.

Así, entre o luns 29 de abril e o domingo 5 de maio os participantes terán que atopar un dos 5 adhesivos que pegamos con motivo do Día da Nai en diferentes recunchos da vila e trocalo nos establecementos participantes. Cada adhesivo é un vale por valor de 20 euros.

Unha vez atopado o adhesivo, haberá que sacarlle unh foto e subila a Facebook etiquetando a @Cohempo As Pontes usando o hashtag #díadanaicohempo. Despois pode trocarse en calquera dos establecementos asociados con data ata o  5 de maio.

Hai 30 establecementos participantes de todas as categorías.