Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O pontés Dani Castro representará a España nos Xogos Olímpicos de Tokio

Por 25 Xuño, 2021Xuño 26th, 2021Sin comentarios

Finalmente será o seteiro pontés Dani Castro o que participará no Xogos Olímpicos de Tokio na competición individual de tiro con arco. Segundo as normas marcadas para la Federación para decidir esta praza, Daniel Castro é o que mellor rendemento obtivo nas Copas do Mund polo tanto xa está confirmada co deportista.

Esta nova vén dar algo de cor ao mazazo que recibiron hai uns días cando xunto a Miguel Alvariño e o burgalés Pablo Acha non puideron facerse en na Copa do Mundo de París coa praza como equipo. Miguel Alvariño caeu eliminado na primeira rolda e xa quedou fóra da carreira. Daniel Castro foi eliminado nos veinticuatroavos de final e Pablo Acha, tras render a un bo nivel na clasificatorias, comezou a competir nos dezaseisavos de final e perdeu o seu primeiro enfrontamento.

No criterio da Federación Española de Tiro con Arco a norma sinala que “no caso de non obter unha praza por equipos en arco recurvo, a praza que ostenta a RFETA ocuparaa o deportista que conseguise a mellor media, considerando os postos finais nas Copas do Mundo. Sumaranse estes e dividirase entre o número de competicións”.