Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa o descenso de casos activos e ingresados

Por 6 Xuño, 2021Xuño 7th, 2021Sin comentarios

A covid segue a senda da recuperación, con 5 casos activos menos o que supón un total de 240, é a mesma baixada que na xornada anterior aínda que nesta ocasión as altas foron menos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 15 casos novos (onte foron 18). As altas chegaron ás 11.499, 19 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 24.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.960 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria descende. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 6 nas diferentes plantas (2 menos), 3 están no Hula, 1 en Burela (2 menos) e 2 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Nova xornada de melloría en toda a provincia con algún concello con incidencia elevada, como Triacastela, que debuta tras meses sen covid, Abadín e Outeiro de Rei.

A Mariña

  • Viveiro mantense en 41 positivos.
  • Xove descende, 2 caso2, ata 11.
  • Ribadeo también descende a 11 (1 menos).
  • Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Cervo, o Valadouro, Alfoz e O Vicedo.
  • Mondoñedo está sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada e Lourenzá.

Terra Chá

  • Vilalba reduce de novo positivos significativamente a 12, 5 menos.
  • Meira está con incidencia leve.
  • Outeiro de Rei e Abadín teñen alta a incidencia pero seguen por debaixo de dez casos.
  • As Pontes e Begonte non tiveron casos na última semana. Únese Cospeito.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza, Xermade e Pol. Únese Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo mantense en 61.
  • Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia.
  • Navia de Suarna, Portomarín e Castroverde levan unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • Triacastela, tras meses sen casos, debuta cun pequeno gromo de menos de dez casos pero que eleva a súa incidencia.
  • Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos. Úneses O Incio.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 13 (3 menos) positivos en 15 días.
  • Chantada ten positivos pero con incidencia leve.
  • Taboada leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón, Quiroga e A Pobra de Brollón.