Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Os xuvenís da SD Xove FS conseguiron o ascenso a autonómica e o título de campión

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

O equipo xuvenil da SD Xove FS conseguíu o ascenso á liga autonómica, ao quedar na primeira posición do seu grupo, e o título de campión, ao imporse na final en Naron ó Emdem Futsal de A Coruña.

Así, foi recibido no Concello de Xove polo alcalde Demetrio Salgueiro quen felicitou aos xogadores, técnicos e directivos do clube polo título de campións de primera Galicia Xuvenil e polo ascenso á liga Gallega.

Dende o clube, queren “dar as grazas como sempre ao Concello de Xove polo seu apoio, sen o cal todos estos éxitos non serían posibles. Intentaremos formar un bon equipo  para poder competir na categoría autonómica que será todo un reto para o clube e para os nosos xogadores”.