Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros denuncia “o descoido no que o Concello ten a praia de Altar”

Por 7 Xullo, 2021Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, lamenta que o equipo de goberno non estea coidando o contorno da praia de Altar. E é que as inmediacións deste areal “de beleza única”, explica o popular, presenta un estado claro de abandono. “Non está segada a herba no aparcadoiro, nin nas rúas do arredor”. Ademais, apunta, “as baixadas á praia son pouco accesibles”.

Esta situación provoca que “a imaxe deixe moito que desexar”, pois diante dos locais de hostalería a maleza tamén se fai visible e as zanxas de terra causan, engade, “un aspecto de descoido e de improvisación impropio dunha zona turística como a nosa”.

Por este motivo, dende o PP critican que  esta coñecida praia “non reciba a atención que merece”. Neste senso, tampouco entenden que aínda non se colocara a caseta de aseos imprescindible. 

Por todo elo, os populares de Barreiros piden ao equipo de goberno “que traballe con rigor”. E é que “as imaxes que vemos son tan evidentes que nos vemos na obriga de ter que denuncialas”, conclúen.