Skip to main content
Foz

Os socialistas apoian as reivindicacións da plataforma sanitaria en Foz

Por 23 Xullo, 2021Sin comentarios

A secretaria provincial e deputada autonómica, Patricia Otero xunto ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserio participaron diante do centro de saúde de Foz, na concentración convocada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

Con este nova protesta, dende este colectivo demandan a substitución do persoal en vacacións ou outros permisos para garantir unha asistencia sanitaria de calidade, así como a reposición do segundo técnico de transporte na ambulancia medicalizada e a dotación de matrona no centro de saúde de Foz. No acto tamén participaron a tenente de alcalde de Barreiros, Mari Carmen Veiga, o concelleiro focense Javier Fraga e a secretaria da agrupación local de Foz, Maria Luisa Piñeira, entre outros compañeiros e simpatizantes. 

Otero lembrou que defendeu diversas iniciativas na Cámara Autonómica coas que reclamou melloras para a sanidade pública da Mariña Lucense. Concretamente foron “a reposición do servizo de radioloxía, as baixas da do Servizo de Cardioloxía do Hospital da Mariña ou a que se repoña o servizo de medicina e enfermería do centro de saúde de Burela”, explicou.

A Deputada Socialista demandou “o fortalecemento da atención primaria que esta completamente desbordada pola falla de persoal, e temos que denunciar que tampouco se están cubrindo as vacacións como podemos comprobar diariamente nos nosos centros de saúde, e hoxe aquí en Foz”, insistiu. 

Situación en Foz

Pola súa banda o alcalde de Foz, Francisco Cajto remarcou que xa denunciou publicamente a desfeita sanitaria do centro de saúde do Concello. “Diante desta mesma porta criticamos os recortes dos sanitarios na época estival, que se agravan cun servizo de pediatría que non se cobre a xornada completa. Ademais o reforzo habitual dun médico para desprazados é claramente insuficiente, tendo en conta que non se cobren as baixas por vacacións do persoal. E sen esquecer, a supresión dun dos técnicos de emerxencias da ambulancia medicalizada con base en Foz”. 

Aludiu ademais “as queixas que escoltamos estes dias para dotar unha matrona a noso centro de saúde. Queremos unha sanidade pública e de calidade, non queremos parches e titulares do PP. A sanidade ten quer ser unha prioridade para calquera goberno, máxime nunha situación como a que estamos a vivir e  loitaramos por ela sen descanso”, resumiu.