Skip to main content
Lourenzá

O SLG organiza un curso de introdución á horta ecolóxica en Lourenzá

Por 28 Xullo, 2021Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego, en colaboración coa Asociación Labregas e a Confederación de Mulleres do Mundo Rural organiza no local da Asocciación de Veciños de San Adriano de Lourenzá un curso de iniciación ós cultivos de horta en ecolóxico.

En palabras do técnico do SLG Andrés Castro, que impartirá as clases, “trátase dun curso no que aprenderemos as nocións básicas do cultivo sen químicos das pequenas hortas familiares, o seu manexo e coidado, tanto dos cultivos como do solo e do medioambiente”.

O cursiño constará de catro sesións de 3 horas de duración, en horario de 18.30 a 21.30, os martes 3 e 10 de agosto e 7 e 14 de setembro, e dado o carácter das asociacións organizadoras e o tipo de financiación está adicado específicamente a mulleres en activo -se ben pode asistir até un 10% de varóns. 

Para anotarse pódese facer no teléfono 698 159 667 ou no email lourenza@sindicatolabrego.com.