Skip to main content
Xove

Xove convoca axudas escolares ao transporte, estancia e comedor

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove vén de convocar as bolsas e axudas ao estudo para atender a sufragar os gastos derivados de comedor, de estancia e de desprazamento.

Para os gastos de comedor para estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios. No tocante aos gastos de estancia para estudantes universitarios en universidades españolas, os de ciclos formativos que non existan na comarca, os de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores, e os gastos de desprazamento serán para estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros. Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior, os de ciclos formativos que non existan na comarca, os de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores e os universitarios.

No caso dos estudantes afectados polo retraso na posta en marcha da Tarxeta Xente Nova, deberán presentar os tickets do desprazamento aboados antes do inicio da posta en marcha de dita tarxeta, ou xustificación das viaxes efectivamente realizadas a través da empresa de transporte.

O prazo para solictar estas axudas remata o 2 de agosto.