Skip to main content
Xove

Destinan máis de 20.000 euros ao acondicionamento de varias pistas en Xove

Por 13 Abril, 2024Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos que suman preto de 3 millóns de euros para a mellora da mobilidade na provincia. Entre eles, saíu adiante a solicitude do Concello de Xove para investir remanentes do Plan Único do ano 2023 en novas actuacións. En concreto, destinará 20.689,85 euros ó acondicionamento do firme de varias pistas municipais en Barxe, Aldea de Arriba e de Abaixo, San Critovo, Xumoas e As Poceiras.

Antes de rematar, Rivera Capón, destacou que “mentres o Partido Popular só se dedica ao ruído, aos bulos e á crispación; mentres o PP non aporta nada á provincia, porque non ten nin unha soa proposta en positivo, este Goberno provincial sigue, con estabilidade, con transparencia, con seriedade e con rigor, sacando adiante proxectos realistas e útiles, que teñen un beneficio directo e claro para conxunto dos veciños e veciñas da nosa provincia”.