Skip to main content
Axenda Caducada

Volve o San Cristóbal a Riotorto

Por 7 Xullo, 2021Xullo 10th, 2021Sin comentarios

O Concello de Riotorto recupera este sábado a celebración do San Cristóbal, que foi suspendido o ano pasado por mór da pandemia.

Malia que haberá celebración, esta será moi somera para manter as recomendacións sanitarias.

Así, haberá misa ás 12.30 horas seguida da tradicional bendición de vehículos, que terá lugar na praza das Ródrigas. Finalizarán a xornada festiva cunha sesión vermú, que estará a cargo do grupo D’Cano, que xa tiña prevista a súa actuación na edición anterior.