Skip to main content
Axenda Caducada

Recollen doazóns de sangue en Barreiros

Por 17 Xullo, 2021Xullo 19th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro 19 de xullo en Barreiros para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

Así, estará en San Miguel diante do colexio de 10.30 a 12.00 horas e en San Cosme frote ao Concello de 12.30 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.