Skip to main content
Axenda Caducada

Muras acolle unha xornada de observación de ceos

Por 27 Xullo, 2021Xullo 31st, 2021Sin comentarios

Muras volve contar este sábado, 31 de xullo cunha nova xornada de observación astronómica na parroquia do Viveiró, organizada pola sección de astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a asociación Fotografía Ferrolterra, coa colaboración do Concello.

A actividade está enfocada a un público familiar e inclúe acampada no cámping de caravanas do Viveiró.

O programa comenzará ás 20.00 horas e a primeira cita será unha charla sobre telescopios, posta en estación e fotografía astronómica, a cargo de Marcos López.

Ás 22.00 horas será a cea, que correrá a cargo de cada un dos asistentes, e ás 23.00 Paulino Gasalla dará unha charla sobre a contemplación dos ceos.

A programación rematará ás 1.00 horas da madrugada e para os que se queden a durmir no cámping haberá un almorzo por xentileza do Concello de Muras.

Os incribles ceos de Muras, que é como se chama a actividade, é de balde pero hai que inscribirse porque existe limitación de aforo.