Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes RIBEIRASACRAXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXA

24 equipos da provincia reciben unha achega de 400.000 euros

Por 13 Xullo, 2021Sin comentarios

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou os contratos de patrocinio cos 24 equipos da provincia de Lugo participantes no Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego, 12 equipos masculinos e outros 12 femininos. En total, o Plan de Patrocinio deixa en Lugo máis de 400.000 euros (402.557,86 euros), o que representa o 12,8% de todo o plan.

Por primeira vez desde a xénese do plan realizarase un cambio nos prazos para adecuar o devandito plan ao calendario de competición dos equipos galegos. Deste xeito, en setembro de 2021, aprobarase o Plan de Patrocinio correspondente á tempada 2021-2022 que será a edición que contará cun maior orzamento ata chegar aos 3,9 millóns de euros.

Equipos lucenses

Os 24 equipos lucenses patrocinados nesta edición 2021 son o Club Deportivo Burela Fútbol Sala feminino e masculino e o FSF Castro Bloques Cando (fútbol sala); o CB Chantada, Ensino Lugo Club de Baloncesto, Club Baloncesto Breogán e CB Estudiantes (baloncesto); o Club Peluquería Mixta Friol (fútbol); o Club Emevé feminino e masculino (voleibol); o Club Hóckey Femenino Meigas e Club Patíns Lóstregos Lucus (hóckey liña); o CTM Milagrosa (tenis de mesa); o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial feminino e masculino, a Asociación Deportiva Tripenta Terras de Lugo feminino e masculino (dúatlon); o Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial feminino e masculino (tríatlon); o Club Fluvial de Lugo feminino e masculino, Club Piragüismo Ciudad de Lugo feminino e masculino (piragüismo sprint) e o Club de Loitas Olímpicas Vilalba (loita libre olímpica).