Skip to main content
Castroverde

Castroverde oferta un curso de enxerto este verán

Por 10 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde oferta un curso básico de enxerto -un método de propagación vexetativa artificial das plantas- este vindeiro verán. Así pois, o lugar onde se levará a cabo será na área recreativa da Veiga do Olmo o 7 de agosto e o horario é de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 19.00 horas.

O curso ten 10 prazas e está dirixido a todas as persoas que o desexen. Así pois, a inscrición hai que realizala nas oficinas do concello.

Así mesmo, recórdase que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias necesarias no momento da realización.

Para máis información pódese consultar coa Deputación de Lugo, así coma co Concello de Castroverde.