Skip to main content
Pedrafita

Os traballos de rehabilitación do firme da A-6 en Pedrafita seguen en marcha

Por 2 Xullo, 2021Xullo 3rd, 2021Sin comentarios

Continúan os traballos de rehabilitación do firme da autovía A-6 ao seu paso polo concello de Pedrafita do Cebreiro levados a cabo polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. As obras comezaron a finais do pasado mes de maio, unha vez que o permitiu a climatoloxía, e, tal como estaba previsto, rematan neste mes de xullo.

A mellora do firme la A-6 en Pedrafita enmárcase nunha actuación de urxencia aprobada polo Ministerio de Transportes para resolver o problema causado polos sucesivos temporais de chuvia e neve do pasado inverno. 

O Ministerio dedicou un investimento de 400.000 euros a estes traballos para a rehabilitación do firme na A-6, que se efectuaron entre os km 431,9 e 463,4. A actuación levouse a cabo nos termos municipais de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá (incluído o entorno do túnel do Cereixal), Baralla, Begonte e Guitiriz.