Skip to main content
Chantada

Volta a subida a Chantada o 30, 31 de xullo e o 1 de agosto

Por 5 Xullo, 2021Xullo 6th, 2021Sin comentarios

A escudería Chantada organiza o vindeiro 30, 31 de xullo e 1 de agosto a subida a Chantada. A inscrición está aberta ata o vindeiro 22 de xullo na páxina web para todos aqueles e aquelas que queiran participar. O día 26 será a publicación da lista de persoas inscritas e o 28 será a presentación oficial da subida.

Os e as amantes do motor non faltarán a esta cita automobilística que volve estar no Campionato de España de Montaña. Trátase dunha das competicións históricas nesta modalidade, única en Galicia pola paisaxe que a enmarca, e única para a dinamización social e económica deste recuncho da RibeiraSacra.

Son 47 anos de traballo por parte da escudería Chantada coa colaboración de varias administracións e da vila e arredores, así como a man de moitos voluntarios e voluntarias que a fan posible.

Para máis información pódese consultar na páxina web ou pórse en contacto coa organización a través das redes sociais, do teléfono 982 440 106 ou do enderezo electrónico escuderiachantada@escuderiachantada.com.