Skip to main content
Pantón

O cine na rúa volve a Pantón o sábado

Por 6 Xullo, 2021Xullo 7th, 2021Sin comentarios

O bo tempo xa chegou e con él, o cine na rúa. Así pois, o Concello de Pantón acolle o vindeiro sábado 10 de xullo a proxección A pequena travesa. Falar cos animais xa non será un segredo.

O filme trata dunha nena chamada Lilli, que descubrirá que un malvado ladrón de elefantes secuestrou a un pequeno animal do zoo da súa nova localidade, que a levará a emprender unha nova aventura onde deberá facer uso da súa habilidade especial.

O horario no que se levará a cabo serán ás 23 horas na praza do Concello da vila. Hai que lembrar que o aforo é limitado polo que é preciso chegar con tempo. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.