Skip to main content
Pantón

Música e bo ambiente o sábado en Pantón

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado, 17 de xullo, Pantón acolle na praza do Concello o concerto dos Alcántara. Así pois, a praza da vila encherase de música e bo ambiente co que poder desfrutar dun sábado diferente e ameno.

Los Alcántara é un grupo que se caracteriza por interpretar as mellores cancións españolas dos 70 fusionadas con ritmos modernos e trepidantes.

O concerto levarase a cabo ás 23 horas e para poder ir é preciso reservar no número de teléfono 982 456 377.