Skip to main content
Pantón

O grupo Gramola Yé Yé en concerto en Pantón

Por 22 Xullo, 2021Sin comentarios

O sábado 24 de xullo o Concello de Pantón recibe a visita de Gramola Yé yé, cun concerto que encherá a vila de cor, música e bo ambiente. Gramola Yé,Yé é un cuarteto formado por unha guitarra, baixo, batería e voz cunha liña moi fresca e festiva.

Así pois, é un grupo de música en directo que actúa por toda Galicia rendindo homenaxe a guateques, ao movemento Yé Yé e ás cancións de verán dos anos 60 e 70. Por esta razón, Pantón vai poder disfrutar dunha formación musical cunha exquisita calidade que dará un toque fresco e cheo de cor para que veciños, veciñas e visitantes disfruten dunha xornada de música e bo ambiente.

O repertorio do grupo componse por cancións dos Diablos, dos Bravos, de Karina, Massiel e o Dúo Dinámico entre moitos máis artistas.

O horario no que se vai celebrar é ás 23 horas e para poder acudir é preciso reservar no número de teléfono 982456377. Ademais, dende a organización recordan que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.