Skip to main content
O Incio

O Incio anuncia as obras de automatización do proceso de abastecemento da auga

Por 8 Xullo, 2021Xullo 9th, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio comezará, nun período breve de tempo, cos traballos de automatización do proceso de abastecemento da auga. Este proxecto controlará o nivel dos depósitos cando encenden as bombas entre outras medidas que se atopan dentro deste proceso da auga. O obxecto destas obras é que o servizo mellore e evitar as interrupcións de suministros, entre outras.

A obra entra dentro do Plan Único da Deputación de Lugo e dende o Concello informan que están á espera de que se suministren as pezas necesarias para comezar a obra. Así mesmo, se é posible este comezo e se non hai retrasos, espérase que o remate das obras se produza antes do mes de agosto.