Skip to main content
Láncara

O Veráncampus chega a Láncara

Por 15 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Láncara organiza o Veráncampus 2021, unha serie de campamentos dirixidos a nenas e nenos de entre 7 e 17 anos. Desta maneira, os pequenos e pequenas poderán desfrutar de xornadas lúdicas e educativas, nas que se levarán a cabo actividades deportivas, medioambientais, rutas de sendeirismo e miniolimpiadas, entre outras.

As datas nas que se levarán a cabo será do 19 de xullo ao 19 de agosto, dividíndose en quendas semanais -de luns a venres-. Así pois, as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse -no caso de que sean nenos e nenas empadroados no Concello de Láncara terán preferencia-.

Ademais, os campamentos contan con prazas dispoñibles para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Por outra banda, dende a organización recordan que se seguirá un protocolo de acción e prevención sobre a covid19 e faranse grupos reducidos.

Para máis información ou para calquera dúbida pódese consultar na sede electrónica do Concello de Láncara.